- Mercadotecnia Directa
Mailing directo aos potenciais expositores, rexistrados na nosa Base de Datos que supera as 9.000 empresas.
Acción comercial por un equipo humano contrastado cun amplo currículo profesional na contratación de eventos feirais.
Envíos de invitacións a profesionais e empresas do sector, traballando coas distintas asociacións e colectivos en que se agrupan os profesionais do noso interese.
Telemarketing: como campañas recordatorias e de reforzo das accións de mercadotecnia directa que enumeramos.
- Relacións Públicas
Accións encamiñadas a actuar cos personaxes prescriptores do sector. Presentacións do certame nos foros onde maior concentración exista de potenciais expositores. Visitas a feiras do sector, tanto a nivel nacional como internacional.
- Estratexias de comunicación
Utilizaranse dous tipos de soportes que se complementan: un para expositores e outro nunha etapa posterior para a comunicación aos potenciais visitantes profesionais.
Para os expositores. Revistas técnicas e profesionais do sector, revistas especializadas, nacionais e internacionais.
Para os visitantes: revistas especializadas pero de difusión pública, medios de prensa xeneralista diaria.
Nesa liña PLANNER&PROCELTHA levará a cabo unha campaña intensa nas emisoras de radio e canles de televisión, en datas previas e durante a celebración do certame. Polo que respecta aos xornais xeneralistas a campaña iniciarase varios meses antes, para intensificala nos días previos e durante a celebración do certame.
Prensa electrónica e banners en principais portais de Internet.
O alcance da campaña realízase a nivel internacional, especialmente a dirixida a visitantes profesionais do certame
Buscaranse os segmentos adecuados, xa citados facendo un estilo de comunicación directo e preciso, resaltando as vantaxes competitivas do certame.
- Gabinete de comunicación
O noso gabinete de comunicación estará aberto a todos os expositores antes, durante e tras a celebración do certame.
Se o desexa puiden utilizar este servizo remitíndonos un dossier informativo da súa empresa, que incluiremos nas nosas notas de prensa.
Planner&Proceltha | T (0034) 986 487 928 | F (0034) 986 488 874 | Nicaragua 5, bajo | 36201 Vigo (Pontevedra) España | Aviso Legal