
POR ESTRADA o Instituto Feiral de Vigo atópase na seguinte dirección, a escasos metros do aeroporto da cidade:
Avda. do Aeroporto 772 · 36318 VIGO (Pontevedra) España.
EN AUTOBÚS o Instituto Feiral de Vigo está comunicado co centro da cidade a través da liña C9 do autobús urbano Vitrasa.
Vigo está ben comunicada grazas a unha completa rede de infraestruturas que conectan a cidade cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e internacionais. O seu porto atlántico, o seu aeroporto, as autoestradas e autovías e o ferrocarril permiten a existencia dunha oferta de transporte para todos os gustos e todas as posibilidades.
POR ESTRADA hai tres grandes viarios para chegar a Vigo. A autovía do Noroeste conecta a cidade con Madrid e a meseta, a través de 667 quilómetros de estrada. A autovía das Rías Baixas discorre desde Vigo ata a autoestrada do Norte de Portugal, pasando por Tui, Braga, O Porto, ata enlazar con Lisboa. Esta autovía conéctase coa autoestrada Vigo-Baiona. Para rematar, a autoestrada do Atlántico comunica a cidade olívica co norte de Galicia, a través de Pontevedra, Santiago e A Coruña.
EN AUTOBÚS a estación de autobuses está situada na avenida de Madrid. As principais conexións enlazan Vigo con Madrid, Barcelona, Bilbao-Donostia-Irún, Asturias-Cantabria, O Porto-Lisboa e Vitoria-Pamplona. Tamén conta con rutas internacionais con Bélxica, Holanda, Alemaña, Polonia, Inglaterra, Francia e Marrocos.
EN TREN a estación de ferrocarril atópase no centro da cidade, no barrio de Casabranca. Ademais de enlazar coas cidades veciñas (hai varias conexións diarias con Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña e O Porto), a oferta inclúe expresos e talgos cada día con Madrid e Barcelona e trens directos a León, Irún e Ponferrada.
EN BARCO o porto vigués recibe cada ano miles de pasaxeiros de cruceiros. Respecto das travesías domésticas, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ademais de Semana Santa, realízanse rutas diarias ás Illas Cíes e excursións pola ría. Durante todo o ano hai transporte horario ás localidades de Moaña e de Cangas do Morrazo. Os billetes poden adquirirse na Estación Marítima, na rúa Cánovas do Castelo.
EN AVIÓN o aeroporto de Peinador está situado a 10 quilómetros do centro da cidade. Conta cunha ampla oferta de viaxes regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Canarias, Alacante, Sevilla, Valladolid, París, Copenhague e Franckfurt, ademais dos voos charter.


www.turismodevigo.org
www.vitrasa.es
www.renfe.es
www.aena.es
www.dgt.es
Planner&Proceltha | T (0034) 986 487 928 | F (0034) 986 488 874 | Nicaragua 5, bajo | 36201 Vigo (Pontevedra) España | Aviso Legal